Atopámonos pendentes da aprobación por parte do Goberno Central da entrada en FASE 1 do proceso de desescalada. A reapertura dos nosos establecementos é inminente polo que debemos ter en conta as condicións de reapertura regulada pola Orde SND/386/2020 e SND/388/2020 do 3 de maio, na que se establecen as condicións de apertura de actividades da hostalaría e a restauración.
A continuación imos expoñer as condicións que deberán cumprir (obrigas e recomendacións) os establecementos que abran as súas portas unha vez aprobada a entrada en FASE 1 na que se permite a apertura de terrazas, o servizo de comida para levar e o servizo a domicilio.
TERRAZAS:
Cumplirán as seguintes condicións:
● Limítase ao ao 50% das mesas permitidas en base á correspondente licenza
● A distancia física entre mesas ou agrupacións de mesas será polo menos DOUS METROS
● Permitirase un máximo de agrupacións de 10 PERSOAS POR MESA ou agrupación de mesas
MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA O PERSOAL:
OBRIGAS DO TITULAR:
● Cumpir coas obrigacións de prevención de riscos establecidas na lei vixente xa sexa con carácter xeral e de maneira específica para previr o contaxio do Covid-19.
● Asegurarse de que todos os traballadores dispoñen dos EQUIPOS DE PROTECCIÓN INIVIDUAL axeitados ao nivel de risco.
● Dispoñer permanentemente de XELES HIDROALCOHOLICOS autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade e/ou XABÓNS para a limpeza de mans.
● Organizaranse QUENDAS E CONDICIÓNS de traballo de forma que se garanta a distancia interpersoal (2 metros). De ser inviable, o uso de equipos de protección será obrigatoria. Esta medida esténdese a traballadores de empresas externas que presten servizos no establecementos.
● Todo o persoal debe estar FORMADO E INFORMADO sobre o correcto uso dos equipos de protección individual.
● HABILITAR UNHA ZONA onde os traballadores poidan cambiarse dotada de taquillas, portatraxes ou algo similar onde poidan deixar a roupa e efectors persoais. Deberase garantir a distancia interpersoal nos vestuarios, de non poder distribuiranse os horarios de maneira que non coincidan na zona de cambio de vestimenta.
MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA OS CLIENTES E DURANTE O SERVIZO
– OBRIGAS:
● Dispoñerase á entrada do establecemento de XELES HIDROAOCOHOLICOS con actividade virucida autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade e deberán estar sempre en condicións de uso.
● A saída do establecemento colocarase unha PAPELEIRA con tapa de accionamento non manual dotadas dunha bolsa de lixo
● Levarase a cabo a LIMPEZA E DESINFECCIÓN do equipamento de terraza (mesas, sillas ou calquera outra superficie de contacto) entre clientes.
● LIMPAR E DESINFECTAR os sistemas electrónicos de pago entre clientes.
● LIMPAR E DESINFECTAR o TPV se o empregado que o usa non é sempre o mesmo.
● ELIMINAR os produtos de autoservizo (palilleiros, aceiteiras, servilleteiros…) priorizando os envases monodosis ou o seu servizo baixo petición do cliente.
● VAIXELA, CRISTALERÍA, MANTEIS, etc almacenaranse en RECINTOS PECHADOS. Se isto fose inviable colocaranse lonxe de zonas de paso de clientes e traballadores.
● A OCUPACIÓN MÁXIMA DOS ASEOS será dunha persoa. En caso de persoas que requiran asistencia permitirase un acompañante.
●A LIMPEZA E DESINFECCIÓN dos aseos será levada a cabo mínimo 6 veces ao día.
– RECOMENDACIÓNS:
● PRIORÍZASE o emprego de manteis dun só uso, de non ser así procederáse ao seu cambio entre clientes.
● FOMENTARASE o pago con tarxeta ou outros medios que no supoñan contacto evitando o emprego de diñeiro en efectivo.
● EVITAR o emprego de cartas de uso común optando polo emprego de outros dispositivos (medios electrónicos, pizarras, carteis, etc).
MEDIDAS DE PREVENCIÓN NA RECOLLIDA DE PEDIDOS
OBRIGAS:
● O PEDIDO realizarase por teléfono ou en liña
● O establecemento fixará un horario de recollida
● O establecemento contará cun ESPAZO HABILITADO E SINALIZADO para a recollida de pedidos
● O establecemento garantirá a separación interpersoal ou, na súa falta, instalará medidas de protección
● O tempo de permanencia nos establecementos nos que se leve a cabo a recollida de pedidos será o estrictamente necesario para que os clientes poidan realizar a recollida dos mesmos.
● Naqueles establecementos nos que sexa posible a atención personalizada de máis dun cliente ao mesmo tempo, deberá sinalizarse de forma clara a distancia de seguridade de 2 metros entre clientes.
● Non poderá realizarse de forma simultánea a atención a varios clientes polo mesmo traballador
● No caso de que non poida atenderse individualmente a máis dun cliente, non se permitirá o acceso ao establecemento de máis dun cliente salvo aquelas persoas que presentan algunha discapacidade.
Debemos ter en conta que son as medidas OBRIGATORIAS E RECOMENDADAS segundo Ordes citadas e emitidas polo Ministerio de Sanidade ata a data e por tanto, de obrigatorio cumprimento para proceder á reapertura dos establecementos na FASE 1.
As condicións aquí establecidas poden verse modificadas segundo a evolución e propagación do Covid-19, por tanto, calquera modificación respecto diso será notificada na maior brevidade posible.