Estimado/a asociado/a:

Segundo o acordado na asamblea xeral ordinaria de 29 de xuño, o próximo día 20 de xullo do 2021 (MARTES) ás 17:30 horas en primeira convocatoria e 18:00 horas en segunda convocatoria, celebrarase a Asamblea Xeral Extraordinaria da Asociación Provincial de Empresarios de Restauración e Hospedaxe de Santiago de Compostela, que terá lugar no Centro de Formación e Cultura da Asociación sito na rúa Salvadas, 29-31 baixo de Santiago, con arranxo á seguinte:

ORDE DO DÍA

  1. Presentación de candidaturas á Xunta Directiva de Hospedaxe e Restauración
  2. Votación e posterior proclamación da nova Xunta Directiva de Hospedaxe e Restauración.
  3. Toma de posesión da nova Xunta Directiva da Asociación Provincial de Empresarios de Restauración e Hospedaxe de Santiago de Compostela

Santiago, a 30 de xuño de 2021

As candidaturas deberán presentarse nos dez días seguintes á convocatoria.