Xa estan quentando os motores da nova edición de Santiago(é)Tapas.
Aberto o prazo de inscrición para os establecementos de hostalería que desexen participar na IX edición do SANTIAGO(é)TAPAS.
O concurso celebrarase do 17 de novembro ao 4 de decembro de 2016.
Os locais de hostalería do termo municipal de Santiago de Compostela que desexen participar, poderán inscribirse no concurso dende o 18 de outubro até o 29 de outubro.
Para consultas ou máis información poñerse en contacto coa oficina técnica do concurso:
Praza do Toural 10, 1º. 15705 Santiago de Compostela.
Correo-e: etapas@singulae.es | Tel.: 981 57 39 13
Horario: 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 de Luns a Xoves | Venres de 10.00 a 14.00