Compostela Destino 5 Estrelas é un proxecto posto en marcha conxuntamente pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Asociación de Hostelería de Compostela e impulsado polo Clúster Turismo de Galicia (CTG) para a promoción e desestacionalización turística de Santiago de Compostela durante a primeira quincena de xullo do 2016. A iniciativa ponse en marcha no marco do concurso de ideas promovido polo Clúster Turismo de Galicia entre os seus asociados para a posta en marcha de proxectos que contribúan a mellorar a oferta turística do sector en Galicia.
A promoción, que se desenvolverá entre o 1 e o 17 de xullo, concrétase nun pack turístico, comercializado directamente polos establecementos hoteleiros ao través da páxina web de Hostelería Compostela, co que se pretendese incentivar as reservas e estancias nun momento de baixo nivel de ocupación como é a primeira quincena de xullo.
O pack turístico ofertado comprende:
- Estancia de 2 noites en réxime de AD
- Visita guiada pola cidade
- Tarta de Santiago
- Fotografía
- Visita á Cidade da Cultura de Galicia
- Percorrido no tren turístico
- Visita á Casa da Troia
Esta promoción complétase entre o 8 e 17 de xullo cun 35{b3705fbade47c0bd3c2291fcde81d9ee637c57ad114296e99373bbcf1bd450b5} de desconto nos trenes con chegada a Santiago, que RENFE ofrece aos viaxeiros adheridos a esta oferta.