O 9 de maio comezan as excursións gratuítas a Noia desde Santiago promovidas polo acordo de colaboración asinado entre o Concello noiés e a Asociación Hostelería Compostela. Serán escapadas dun día con pernoctación de dúas ou máis noites nos establecementos composteláns adheridos.

Nestas excursións, que se celebrarán todos os xoves, visitaranse algúns dos lugares máis emblemáticos de Noia, acompañados dun guía turístico. Así, os participantes poderán coñecer os bancos marisqueiros (en tempada), o Mercado de Abastos, o Claustro do Concello, a Alameda, a Igrexa de San Francisco, o Museo Laudas Gremiais na Igrexa de Santa María a Nova, as rúas e pazos da vila e os escenarios da serie de televisión ‘Fariña’.

PROGRAMA

11:00 h.: Saída dende a dársena de Xoán XXIII

11:15 h.: Saída dende do Palacio de Congresos

12:00 h.: Chegada a Noia. Visita aos Bancos Marisqueiros e ás instalacións da Confraría.

14:00 h.: Tempo libre para xantar.

16:00 h.: Visita aos monumentos máis representativos da vila.

18:00 h.: Retorno a Santiago.

Os establecementos hoteleiros adheridos a esta inciativa informarán aos usuarios das condicións desta oferta. As prazas son limitadas. Cómpre reservar no teléfono 981 59 27 00.