A empresa Urbaser comezará o día 1 de marzo o servizo de recollida de residuos “porta a porta” aos locais de hostalaría, a pesar da problemática que presenta o servizo, tal e como viñeron manifestando os hostaleiros desde o anuncio da súa posta en marcha, e sen que ata o momento atopasen unha solución. Así, desde o Concello de Santiago lembran os horarios de recollida (que poderán axustarse de observarse que se xera algún tipo de disfunción).

INVERNO:
* Recollida de residuos orgánicos e fracción resto: comeza a partires das 23:30 horas,
de luns a venres. Fins de semana: comeza a partires das 24:00 horas.
* Recollida de papel e cartón: comeza a partires das 20:30 horas.
* Recollida de envases lixeiros: comeza a partires das 20:00 horas.
* Recollida de vidro: non sufre variacións con respecto ao sistema actual.

VERÁN:
* Recollida de residuos orgánicos e fracción resto: comeza a partires das 24:00 horas.
* Recollida de papel e cartón: pendente fixar horarios en función da evolución do servizo.
* Recollida de envases lixeiros: pendente fixar horarios en función da evolución do
servizo.
* Recollida de vidro: non sufre variacións con respecto ao sistema actual.

A empresa Urbaser continuará coas tarefas de información e o reparto de colectores
individuais para cada negocio, e será a eles a quen se lles trasladarán as
necesidades.

Dende o Concello lembran a posibilidade de cambiar o tamaño do colector se, unha
vez iniciada a operativa do servizo, verificades que necesitades dispoñer dun de maior
ou menor tamaño.

Cabe sinalar que dende a Asociación Hostelería Compostela seguimos a pedir unha mesa de traballo na que estén presentes todos os partidos políticos que forman a corporación municipal, así como representantes de Urbaser e do seu comité de empresa, e hostalairos, ademáis de seguir a esperar unha nova data de reunión co alcalde, Xosé Sánchez Bugallo.