Cociña e historia danse a man esta tempada no San Francisco Hotel Monumento, que celebrará as VIII Xornadas de Cociña Conventual de Coresma de mércores a domingo, ata o próximo 2 de abril.
O visitante poderá gozar dunha selección de receitas de conventos de España e Portugal, que configuran un menú de 26 euros que inclúe primeiro e segundo prato (a escoller entre tres opcións de cada) e unha variedade de sobremesas, que se cambiará cada semana e se servirá no gran Comedor Monumental de 1730 (fóra dun par de días).
Trátase dun espazo de 300 m2, con 5 arcos abovedados de 10 metros de altura. O seu impoñente retablo, os bancales e o púlpito de pedra, fano único, e como valor engadido, para facer unha experiencia única faránse tamén visitas guiadas ao convento por un frade para os comensais das devanditas xornadas con reserva previa.
Así, poderán descubrir a historia, arte e costumes desta xoia compostelá, e recunchos tan especiais como a biblioteca do convento, con máis dun centenar de incunables.
As visitas guiadas serán de mércores a domingo ás 16.30 horas, e cada comensal que participe nas devanditas xornadas gastronómicas recibirá unha invitación para a devandita visita que terá que presentar ao comezo da actividade.