Tras os acordos alcanzados na última reunión celebrada no Pazo de Raxoi entre o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, técnicos municipais e representantes do sector de hostalería, modificouse o servizo de recollida de lixo, tal e como pediramos desde a Asociación Hostelería Compostela.

Así, os horarios consensuados para o servizo de recollida de residuos da hostalaría no Casco Histórico e as áreas de alivio existentes a día de hoxe quedarían así

Recollida de residuos orgánicos e fracción resto:

– de domingo a mércores: a partires das 24:00 horas.

– xoves, venres, sábados e vésperas de festivos: a partires das 01:00 horas.

Recollida de papel e cartón:

– de luns a sábado: a partires das 20:30 horas, máis ruta de repaso a partires das 24:00 horas.

Recollida de envases lixeiros:

– de luns a domingo a partires das 09:00 horas comezando a ruta en rúa das Ameas e finalizando a ruta en torno ás 12:00 h en rúa San Clemente.

Recollida de vidro:

– non sufre variacións con respecto ao sistema actual.

Estes horarios poderán axustarse de observarse que se xera algún tipo de disfunción. Polo tanto, pregámosvos que nos comuniquedes calquera cuestión que consideredes relevante neste sentido.

Así mesmo, con relación á frecuencia de recollida de envases lixeiros, a antedita frecuencia pode sufrir variacións en función da cantidade de residuos xerados de este tipo.

Lembrámosvos que os colectores deberán estar colocados en vía pública na zona de paso dos camións, identificados co nome do local, antes do inicio da ruta de recollida.

A empresa Urbaser continuará coas tarefas de información e o reparto de colectores individuais para cada negocio, polo que vos pedimos que lles trasladedes as vosas necesidades, ben a través da páxina web: www.santiagosostible.gal ou vía telefónica: 672.243.457. Recordámosvos a posibilidade de cambiar o tamaño do colector se, unha vez iniciada a operativa do servizo, verificades que necesitades dispoñer dun de maior ou menor tamaño.

Lembrámosvos, así mesmo, que tendes a vosa disposición dous tipos de puntos de aportación de apoio para as diferentes fraccións de residuos. Sinalar que para a aportación nos colectores da fracción orgánica é preciso utilizar a chave triangular.

Illa de alivio Quita e Pon:

-Travesa de Fonseca en horario de 18:00 a 24:00 horas colectores de resto, orgánica, papel/cartón, ademais de colector de vidro permanente.

Illas de alivio fixas:

– Avenida de Figueroa: colectores en superficie de envases lixeiros para completar dotación de illa soterrada en Rodrigo de Padrón (resto, papel/cartón e vidro).

-Porta da Pena: resto, orgánica, envases lixeiros, papel/cartón e vidro.

-Rúa da Conga: envases lixeiros e resto.

– Travesa da Universidade: resto, orgánica, envases lixeiros, papel/cartón e vidro.

– Mazarelos/Fonte de Santo Antonio: resto e vidro.

– Praza Oliveira: resto, orgánica, envases lixeiros.

– Rúa das Rodas: resto, envases lixeiros, orgánica.

– Entremuros: resto.

– Praza Salvador Parga: resto, orgánica, envases lixeiros, papel/cartón e vidrio.