A Asociación Hostelería Compostela, Hostalaria.gal e Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago celebrarán o próximo martes 14 de novembro, ás 18.00 horas, unha Asemblea aberta da hostalaría, para informar da Instrución 2/2023 do Servizo de Licenzas e Disciplina Urbanística remitida días atrás polo Concello de Santiago de Compostela, e as medidas a adoptar.
A reunión terá lugar na Sala Malatesta, na Rúa de San Lourenzo, 51-5 S3, de Santiago.