A Asociación Española contra el Cáncer de Santiago está a preparar unha andaina solidaria que se celebrará o próximo sábado 23 de setembro en Santiago, con saída ás 10:00 h dende o Paseo Central da Alameda, e na que dende Hostelería Compostela queremos animar a participar a compostelanos e visitantes, pero moi especialmente ao sector hostaleiro da cidade, pedindo que camiñen con familia, amigos e veciños para apoiar a investigación oncolóxica.
Ademais da andaina solidaria, teremos a Feira divulgativa “Ciencia para todos”, con inestigadores e investigadoras, e divertidos experimentos para todos, así como unha zumba solidaria.
O percorrido ten 5 km con saída e meta no Paseo Central da Alameda. Os participantes sairán da Alameda, seguindo polo Paseo da Ferradura, Avda. de Compostela, Avda. das Burgas, Avda. do Profesor Legaz Lagambra, e continuando pola Avda. de Antonio Raimundo Ibáñez, bordeando a fonte e voltando á Avda. de Compostela para entrar na Alameda, chegando á meta, situada no mesmo sitio que a saída. O circuito recorrerase 2 veces.

INSCRICIÓNS
A inscrición na andaina solidaria ten un prezo de:
– 5€ para nenos e nenas ata 12 anos
– 10€ para adultos
A inscrición pode formalizarse a través deste enlace inscrición, na Sede da Asociación en Santiago de Compostela (Avda. Barcelona, 29, baixo) de luns a venres de 9:00 a 15:00, ou en El Corte Inglés en Santiago de Compostela, departamento de deportes, planta baixa (Rúa do Restollal, 50) de luns a sábado de 10:00 a 22:00, ata o venres 22/09/23 ás 15:00 h.
Ademais o propio día do evento, poderáse apuntar de forma presencial ata unha hora antes do comezo, no paseo central da Alameda. Para máis información, 981 576 479

DORSAL E CAMISETA OFICIAL
Ademáis, coa inscrición darase a camiseta oficial da andaina e un dorsal personalizable, co que adicar os pasos solidarios a quen queiras: a un paciente, á familia, á investigación, á solidaridade….
Poderán recollerse na Asociación Española Contra o Cancro en Santiago ata o 19 de setembro (luns a venres de 9:00 a 15:00 h); e do 20 ao 22 de setembro (de 9:00 a 19:30 h).
Os inscritos en El Corte Inglés poderán recollela ata o 22 de setembro en El Corte Inglés de Santiago, en horario comercial (luns a sábado de 10 a 22 horas)
A camiseta está garantida aos 1500 primeiros inscritos.

DORSAL 0
Por outra parte, as persoas que non poidan asistir e queiran colaborar, poderán facer a súa aportación a través de:
– Bizum no 06505, concepto: CONTRAELCANCER SANTIAGO DE COMPOSTELA
– Na conta do Banco Santander: IBAN ES54 0049 0007 2326 1212 4606
– Na web da AECC a través do Dorsal 0.
Os fondos recadados nesta iniciativa irán destinados a investigación oncolóxica e a continuar ofrecendo os programas e servizos gratuítos da Asociación Española Contra o Cancro en Santiago.