O Concello de Santiago amplía unha hora máis o horario de funcionamento das terrazas de hostalería entre os días 1 e o 9 de abril de 2023 por mor das Festas de Semana Santa. A ampliación de horario autorizada comezará na noite do 1 ao 2 de abril (Domingo de Ramos) e rematará na noite do 8 ao 9 de febreiro (Domingo de Resurrección).
O horario de peche das terrazas será ás 00:30 h da madrugada entre semana e 01:30 h da madrugada o sábado, domingo, días festivos e vésperas de festivos durante esas datas.
Ademáis, amplía unha hora máis o horario de funcionamento dos propios establecementos hostaleiros, neste período, sempre que os establecementos conten coa correspondente licenza municipal e cumpran con toda a normativa de aplicación.