Chega o Entroido e con él, a ampliación de horario na hostalería para gozar durante máis tempo das festas. Así, ampliase unha hora máis o horario de funcionamento das terrazas e establecementos de hostalería os días 9 e o 10 de febreiro de 2024 por mor das festas do Antroido. A ampliación de horario autorizada aplicarase na noite do 9 ao 10 de febreiro (venres a sábado de antroido) e na noite do 10 ao 11 de febreiro (sábado a domingo de antroido) coas seguintes condicións:

O horario de peche das terrazas será á 01:30 h nas mencionadas noites.

Do mesmo xeito, se amplia unha hora máis o horario de funcionamento dos propios establecementos hostaleiros, (días 9 e o 10 de febreiro de 2024) sempre que os establecementos conten coa correspondente licenza municipal e cumpran con toda a normativa de aplicación.