A Asociación Hosteleería Compostela solicitou ao Concello de Santiago unha ampliación de horario para os días de festa e outros eventos na cidade para todo o ano 2024, que foron concedidos.
Deste xeito:
1. Se amplía unha hora máis o horario de funcionamento das terrazas de hostalería por mor das Festas de Semana Santa. A ampliación de horario autorizada comezará na noite do 27 ao 28 de marzo (Xoves Santo) e rematará na noite do 30 ao 31 de marzo (Domingo de Resurrección). O horario de peche das terrazas será á 01:30 h da madrugada o sábado, domingo, días festivos e vésperas de festivos.
2. Se amplía unha hora máis o horario de funcionamento das terrazas de hostalería entre o día 30 de abril e o 1 de maio de 2024 por mor do Día do Traballo. O horario de peche das terrazas será ás 03:00 h da madrugada do día festivo.
3. Se amplía unha hora máis o horario de funcionamento das terrazas de hostalería os días 9, 11 e 12 de maio de 2024 por mor das Festas da Ascensión. A ampliación de horario autorizada se corresponderá coa noite do 8 ao 9 de maio (xoves da Ascensión), e as noites do 10 ao 11 de maio e do 11 ao 12 de maio (Festas da Ascensión). O horario de peche das terrazas será ás 03:00 h da madrugada.
4. Se amplía unha hora máis o horario de funcionamento das terrazas de hostalería o día 17 de maio de 2024 por mor do Día das Letras Galegas. A ampliación de horario autorizada se corresponderá coa noite do 16 ao 17 de maio (Día das Letras Galegas). O horario de peche das terrazas será ás 03:00 h da madrugada.
5. Se amplía unha hora máis o horario de funcionamento das terrazas de hostalería os días 20, 21, 25, 27 e 28 de xullo de 2024 por mor das Festas do Apóstolo. A ampliación de horario autorizada se corresponderá coas noites do 19 ao 20 e do 20 ao 21 de xullo, a noite do 24 ao 25 de xullo e as noites do 26 ao 27 e do 27 ao 28 de xullo (Festas da Ascensión). O horario de peche das terrazas será ás 03:30 h da madrugada o sábado, domingo, días festivos e vésperas de festivos.
6. Se amplía unha hora máis o horario de funcionamento das terrazas de hostalería os días 15 e 16 de agosto de 2024 por mor das Festas de San Roque. A ampliación de horario autorizada se corresponderá coas noites do 14 ao 15 e do 15 ao 16 de agosto (Festas de San Roque). O horario de peche das terrazas será ás 03:30 h da madrugada de ditos días festivos.
7. Se amplía unha hora máis o horario de funcionamento das terrazas de hostalería entre o día 11 e 12 de outubro de 2024 por mor da festividade da Virxe do Pilar. O horario de peche das terrazas será á 01:30 h da madrugada do día festivo.
8. Se amplía unha hora máis o horario de funcionamento das terrazas de hostalería entre o día 31 de outubro e o 1 de novembro de 2024 por mor da festividade de Todos os Santos. O horario de peche das terrazas será á 01:30 h da madrugada do día festivo.
9. Se amplía unha hora máis o horario de funcionamento das terrazas de hostalería os días 6 e 8 de decembro de 2024 por mor das festividades da Constitución e da Inmaculada Concepción. A ampliación de horario autorizada se corresponderá coas noites do 5 ao 6 de decembro e do 7 ao 8 de decembro. O horario de peche das terrazas será á 01:30 h da madrugada dos días festivos.
10.Se amplía unha hora máis o horario de funcionamento das terrazas de hostalería os días 21, 22, 25, 28 e 29 de decembro de 2024 e do 1, 4, 5 e 6 de xaneiro de 2025 por mor das Festas do Nadal. A ampliación de horario autorizada se corresponderá coas noites do 20 ao 21, do 21 ao 22, do 24 ao 25, do 27 ao 28 e do 28 ao 29 de decembro, a noite do 31 de decembro ao 1 de xaneiro e as noites do 3 ao 4, do 4 ao 5 e do 5 ao 6 de xaneiro de 2025 (Festas do Nadal). O horario de peche das terrazas será á 01:30 h da madrugada o sábado, domingo, días festivos e vésperas de festivos.
Do mesmo xeito, se amplía unha hora máis o horario de funcionamento dos propios establecementos hostaleiros, nos períodos recollidos nos puntos anteriores sempre que os establecementos conten coa correspondente licenza municipal e cumpran con toda a normativa de aplicación.