Ao igual que para festivos anteriores, o goberno local aprobou a ampliación dunha hora máis para o horario de funcionamento das terrazas de hostalería entre os días 17 e o 21 de maio de 2023 por mor do Día das Letras Galegas e as Festas da Ascensión.
A ampliación de horario autorizada comezará na noite do 16 ao 17 de maio (Día das Letras Galegas) e rematará na noite do 20 ao 21 de maio (Festa da Ascensión).
O horario de peche das terrazas será ás 02:00 h da madrugada entre semana e 03:00 horas da madrugada o sábado, domingo, días festivos e vésperas de festivos durante esas datas.
Tamén se ampliará unha hora máis o horario de funcionamento dos propios establecementos hostaleiros, nos períodos recollidos nos puntos anteriores sempre que os establecementos conten coa correspondente licenza municipal e cumpran con toda a normativa de aplicación.
Esta autorización poderá ser revocada para establecementos concretos ou para a totalidade das autorizacións concedidas cando por denuncias, molestias, ruídos, incumprimentos da Ordenanza ou do resto da normativa urbanística, ou outras circunstancias de interese público debidamente xustificadas, así o aconsellen.