O Concello de Santiago permite a ampliación de horarios para a hostalería nos próximos festivos, tanto para as terrazas como para os locais.
Así, o día 1 de novembro pola celebración da Festa de Todos os Santos, a ampliación de horario autorizada se corresponderá coa noite do 31 de outubro ao 1 de novembro (Noite de Samaín). O horario de peche das terrazas será ás 1:30 h da madrugada durante esas datas. Tamén se amplía unha hora máis o horario de funcionamento dos propios establecementos hostaleiros.
Por outra parte, se ampliará entre os días 6 e o 8 de decembro de 2023 por mor da Festa da Constitución e a Inmaculada Concepción. A ampliación de horario autorizada aplicarase na noite do 5 ao 6 de decembro (Festa da Constitución) e na noite do 7 ao 8 de decembro (Festa da inmaculada Concepción). O horario de peche das terrazas será ás 1:30 h da madrugada durante esas datas. Tamén se amplía unha hora máis o horario de funcionamento dos propios establecementos hostaleiros,
Os días 23, 24, 25, 30 e 31 de decembro de 2023 e o 1 e 6 de xaneiro de 2024 por mor das Festas de Nadal, a ampliación de horario autorizada se corresponderá coas noites do 22 ao 23 de decembro, do 23 ao 24 de decembro, do 24 ao 25 de decembro (Noiteboa), do 29 ao 30, do 30 ao 31 de decembro, do 31 a 1 de xaneiro (Aninovo) e rematará na noite do 5 ao 6 de xaneiro (Noite de Reis). O horario de peche das terrazas será ás 1:30 h da madrugada durante esas datas. Tamén se amplía unha hora máis o horario de funcionamento dos propios establecementos hostaleiros,
A ampliación de horarios será sempre que os establecementos conten coa correspondente licenza municipal e cumpran con toda a normativa de aplicación. Esta autorización poderá ser revocada para establecementos concretos ou para a totalidade das autorizacións concedidas cando por denuncias, molestias, ruídos, incumprimentos da Ordenanza ou do resto da normativa urbanística, ou outras circunstancias de interese público debidamente xustificadas, así o aconsellen.