Este venres, 4 de outubro, comeza o prazo de inscrición para a XII edición do Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago, un evento promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostelería Compostela, co apoio da Deputación de A Coruña e o patrocinio de Mahou.

Ademais, tamén se inicia o prazo de inscrición da I edición do Santiago(é)cóctel, o concurso de cócteles de Santiago, organizado pola Asociación Hostelería Compostela.

Poderán participar nestes concursos todos aqueles locais de hostalaría situados no termo municipal de Santiago que o desexen, sempre que estean en posesión das licencias oportunas. Deberán rexistrarse para tal fin entre os días 4 e 20 de outubro (ambos incluídos) cubrindo a folla de inscrición que se lles facilitará na Oficina Técnica do Concurso (rúa Salvadas, 29) ou no correo electrónico info@santiagoetapas.com

A XII edición do Santiago(é)Tapas celebrarase do 14 de novembro ao 1 de decembro. Entre todas as tapas participantes seleccionaranse dez finalistas que competirán na final prevista para os días 6, 7 e 8 de decembro.

A I edición do Santiago(é)Cóctel celebrarase do 14 de novembro ao 1 de decembro.