Un ano máis volve o Workshop Fairway 2023, que terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia os vindeiros días 2 e 3 de novembro, e para o que xa está aberto o prazo de inscrición.
O Workshop é o formato máis directo e profesional para sacar partido ao Fairway, pois permitirá coñecer a provedores de servizos que operan nos camiños de Santiago. A clave destes encontros é facilitar o cruzamento de axendas entre expositores, empresas prestadoras de servizos que poidan establecer relacións comerciais cos Hosted Buyers.
As empresas, entidades e asociacións que queiran participar no workshop entre os nosos asociados, sendo membros do Clúster de Turismo de Galicia, terán ademáis unha cota especial de participación, que se indicará no momento de formalizar a inscrición, cuxa data límite é o 14 de outubro de 2023 (prazas limitadas).

Para inscribirse, haberá que cubrir un formulario
A feira se desenvolverá os días 2 e 3 de novembro, en horario de mañás de 09:00 h a 14:00 h, e de tardes, de 15:30 h a 19:00 h.
Operadores confirmados no seguinte ligazón
https://drive.google.com/drive/folders/17-UsRr8-FSufIWWWj_IL8ulPcUa1vzyH