O café -bar La Rosaleda acolleu hoxe a presentación do programa de actividades polo 183 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro en Compostela que organizan, de maneira conxunta, a Asociación Hostalaría Compostela e a Asociación de Veciños Raigame, coa colaboración da Fundación Rosalía, a Asociación Comercio.Compostela e os colexios Quiroga Palacios e Cluny.

No acto estiveron presentes Sara Santos, presidenta da Asociación Hostalaría Compostela; Xosé Manuel Durán, presidente da Asociación de Veciños Raigame; Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía; e Antón Pedreira, vicepresidente da Asociación Comercio.Compostela.

A poeta Rosalía de Castro naceu o 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela e aquí viviu durante a súa mocidade. Xa de adulta, participaba activamente na vida cultural e social da cidade, que se converteu ademais nun referente constante na súa obra.

Programa

O programa de actividades comeza mañá, martes 18 de febreiro, coa mesa redonda ‘A Praza de Vigo e o lugar de nacemento de Rosalía coma dinamizador da Zona Nova compostelá. Posibilidades artísticas e urbanísticas’ que se celebrará no Centro Cívico do Ensanche ás 20:30 horas. Nela participarán o arquitecto urbanista Manuel Carbajo e representantes dos Concellos de Santiago e Pontevedra, da Asociación Comercio.Compostela e da Fundación Rosalía. Moderará a Asociación de Veciños Raigame.

O xoves día 20 ás 12:00 horas na Praza de Vigo alumnos de Primaria do Colexio Público Cardeal Quiroga Palacios de Conxo e do Colexio San Xosé de Cluny da Zona Nova ofrecerán un recital de poemas da escritora santiaguesa.

Do venres 21 de febreiro ao luns 24, día do nacemento de Rosalía, medio cento de bares e restaurantes repartidos por toda a cidade agasallarán aos seus clientes cun Caldo de Gloria, en referencia ao poema ‘Miña casiña, meu lar’, de Follas novas, no que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia na Galicia do século XIX.

Os locais participantes son: A Charca, A Curtidoría, A Fuego Lento, A Grella, A Horta d’Obradoiro, A Nave de Vidán, A Ostrería, A Taberna da Feira, Ad Gelo, Abellá, Amoado, Bicoca, Bodegón Casas Chico, Café Bar Suso, Café de Altamira, Central, Da Avoa, D’Lucía, Don Quijote, El Hispano, Enxa, Esquina, Frebas, Galeón Raíña, Galeón Toural, Krystal, La Alacena de Cris, La Bodeguilla de San Lázaro, La Bodeguilla de San Roque, La Bodeguilla de Santa Marta, La Codorniz, La Radio de Pepe Solla, La Rosaleda, Lasso, María Castaña, Mercado La Galiciana, Mesón As Fontiñas, Mesón de Lázaro, O Dezaseis, O Ferro, Pedra Santa, Pepe Payá, Raíces Galegas, River, San Jaime, Sexto II, Tapería Castelao e Ultreia.

Nas mesmas datas, do 21 ao 24 de febreiro, o comercio local da cidade entregará a todos os seus clientes un marcapáxinas cun poema de Rosalía. En total, participan nesta actividade 47 establecementos que se poderán identificar polo cartel que lucirán nos seus escaparates. Son 7 días Zapaterías, A cesta da saúde, Amancio Deportes, Atmósfera Centro Deportivo, Calzados Piepas, Calzados Seijas, Celeste, Charol, Cocolé, Conchi Penedo Fogar, Cousas do campo froitas e verduras, Fiuncho Floristería, Flora infraganti, Floristería Embora, Fotoprezzo, Gábbata, Grubidetallitos, Heladería Xearte Brigitte, Joyería J. Gómez, Joyería José Antonio, Kookaï NafNaf, La Casa Divertida, La Tienda de María, Laurel, Libraría Pedreira, Lodanzas, Lorca Institute Escola de idiomas, Marabillas, Marga Charol, María Brey, María Varela Peluqueros, Mercería Jardín de la Abuela, Miss Vestidos, MovilesSat, O Pan de Leis, Óptica Val, Os Mundos de Carlota, Papelería Xaquín, Patucos & CO, Tapicerías Brey. Tintorería España, Trisquel Artesanía e Xanela da Danza.