A organización da nova edición de Etiqueta Negra Gourmet, a feira profesional que organiza o Concello de Pontevedra arredor do Produto Gourmet Galego, ultima os preparativos para sua posta en marcha os días 11, 12 e 13 de novembro no Recinto Feiral de Pontevedra. Trátase dunha feira que, consideramos, resultará de moito interese para os nosos asociados/as.
Etiqueta Negra é un dos eventos gastronómicos máis destacados de Galicia, cita ineludible para os amantes da gastronomía de calidade. Durante tres días reunirá nun mesmo espazo a profesionais do sector, produtores e consumidores co fin de coñecer as tendencias do mercado, identificar novas liñas de negocio e difundir a excelencia dos produtos gourmet e delicatessen galegos.
Xunto á zona expositiva está previsto un amplo programa de actividades arredor do gourmet e a alta gastronomía con showcookings, demostracións e conferencias arredor do produto gourmet galego.
Se alguén socio ten interés en asistir para realizar unha visita profesional calquera das tres xornadas de feira, pode solicitalas a ahccomunicacion@gmail.com.