A Concellaría de Mobilidade e Convivencia pechará o próximo martes 30 de abril o prazo excepcional para solicitar a renovación de tarxetas ou distintivos de paso e parada para o acceso á cidade histórica que estean caducadas.Todas as persoas que conten con tarxetas ou distintivos de paso e parada para acceder á zona histórica que estean caducados, deberán solicitar a súa renovación.
Os distintivos de paso e parada permiten aos vehículos autorizados o acceso á cidade histórica por calquera causa, salvo carga e descarga, nos horarios establecidos, establecéndose tres modalidades, unha delas os titulares de establecementos mercantís.
Solicitude de renovación
Para a solicitude de renovación, as persoas interesadas deberán presentar na sede electrónica do Concello de Santiago a través do trámite ‘Tarxeta de acceso á Cidade Histórica’, o formulario correspondente (Modelo MO025) acompañado da documentación requirida en cada unha das modalidades.
As persoas titulares destas autorización estarán obrigadas a notificar ao Concello o cambio de vehículo ou calquera modificación producida nas condicións que, no seu momento, serviron de base para a súa concesión.
Non hai que esquecer que o prazo de vixencia destes distintivos é de dous anos, polo que todos aqueles concedidos no ano 2022 e anteriores xa caducaron ou caducarán ao longo deste 2024.