O barrio compostelán de San Pedro celebra dende hoxe, día 27, a súa gran festa patronal, que a bo seguro reunirá a veciños e visitantes na contorna para gozar ao longo destas xornadas cunha ampla programación que dará cabida a numerosas actividades. Este ano, ademais, celebran o seu 20 aniversario, así que a festa será máis festa que nunca.
Con propostas lúdicas para todos os gustos, cabe mencionar que no barrio de San Pedro atópanse varios dos nosos locais asociados, que recomendamos visitar nestes días para gozar máis aún si cabe da festividade de San Pedro coas suas propostas gastronómicas.
Martes 27 de xuño, ás 18.00 horas danza na Igrexa Don Bosco. Acto seguido, ás 19.30 horas tendra lugar ‘O pequenique dás letras’ con presentación diante da Biblioteca Comunitaria e o recital entre comadres «Movendo os Marcos».
Mércores 28, ás 20.30 horas realizarase a lectura do pregón con Fani e Fuco.
Ás 22.30 horas cantada no atrio da Angustia con Vero Rilo.
Xoves 29, ás 20.30 horas a compañía de teatro Carauta representará a obra «Don Bosco». A partir das 22.00 horas terán lugar os concertos de Caamaño&Ameiras e Bouba, e ás 24.30 horas haberá foliada aberta.
Venres 30, ás 17.00 horas comezará A Xincana dás Sete portas e ás 18.00 horas haberá un pasacalles da man das Cabezudas e Os Cincocentos.
Ás 19.00 horas a praza da Angustia acollerá os concertos de Ulex e Killo Karallo.
Ás 22.00 horas comezará a Noite do Lastro con Mondra, Sacha na Horta e O Sonoro Maxín.
Sábado 1 de xullo, comezará o día coa alboradas a cargo de Noa Face Mal, Vos Donner&Kebaps e Desfeitas do Perixel.
Ás 14.00 horas terá lugar unha sesión vermú amenizada por Gato Piojoso.
Ás 19.30 horas haberá un concerto da Banda Municipal de Música de Santiago, e ás 22.00 horas, Os Mecánicos e Dj Mil amenizarán a verbena.
Domingo 2, comezará o día con alboradas a cargo de Cantamadeira e Airiños do Maycar.
Ás 13.00 horas comezará o baile da xuntanza e xogos radicionales.
A partir das 14.00 horas comezará a romaría.