‘Visitantes, comercio e comunidade local en Santiago de Compostela’ é o título do estudo que o próximo mércores dará a coñecer o investigador Elías José Feijó Torres (na foto), coordenador da Rede Galabra da Universidade de Santiago de Compostela, nun acto organizado pola Cámara de Comercio, e patrocinado por Abanca.
Será o mércores 19 de xuño, ás 20.00 horas, na sede Afundación (rúa do Vilar, 19), no marco dunha xornada sobre o impacto do sector comercial en Santiago de Compostela, e para a que é necesaria confirmación de asistencia previa a través do correo electrónico camara@camaracompostela.com.
A presentación correrá a cargo de María Pais, presidenta da Cámara de Comercio de Santiago; Gabriel Alén, director xeral de Comercio e Consumo, e o rector da USC, Antonio Pais, e o propio Elías Feijó.
A inscrición é gratuíta e o aforo limitado
Ademáis de Feijó Torres, a presentación do estudo contará cos investigadores Sara Torres Outón, y Emilio Carral, mentres que do peche encargaránse José Lino Comesaña, director de Negocio Institucional de Abanca en Galicia, Asturias, León e País Vasco, e a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.