Mediante o presente e con relación ao comunicado difundido pola
entidade PROVITURGA no día de onte, a ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE
EMPRESARIOS DE HOSPEDAXE E RESTAURACIÓN DE SANTIAGO quere
comunicar e denunciar o uso indebido, da súa imaxe, así como a
falsidade que supón incluír a súa suposta firma nun documento cun
contido que se descoñece, e que non foi comunicado e moito menos
discutido e debatido coa entidade á cal se lle atribúe a firma, neste caso
a asociación de hostalería.
A plataforma para a regulación de vivendas turísticas carece de toda
lexitimidade para usar de forma torticera e falsa a imaxe da asociación,
nun comunicado que evidentemente responde a intencións de persoas
concretas, membros dun partido concreto. Nin nos causa estupefacción a
actitude tomada pola dirección do PS, nin temos coñecemento de
intentos de fraude electoral, nin somos coñecedores de ameazas a
concelleiros, isto último de ser certo, entendemos que debe de ser
remitido ao Xulgado de Garda competente por ser as ameazas un delito
tipificado no ordenamento penal vixente.
O máis axiña posible comunicarase a continuación ou non nunha
plataforma, que de forma indebida utiliza a imaxe da asociación de
hostalería.
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2024